O outono, protagonista da nova festa temática da Pequetroula na Pobra do Caramiñal

04 Novembro 2022

A Pequetroula continúa este mes de novembro co fervedoiro de actividades amenas e creativas dirixidas á rapazada de 3 a 14 anos, tanto da Pobra do Caramiñal coma doutros municipios. Esta fin de semana focalizarase no outono, polo cal as propostas para os días 5 e 6 seguirán esta temática: pintacaras, obradoiros de diversa índole, inchábeis e castañas cocidas.

O horario establecido para os sábados é de 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas, mentres que para os domingos está definido dende as 12.00 ata as 14.30 horas. O epicentro é o toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán.

Para acceder a este servizo é necesario presentar un bono Pequetroula que se pode conseguir a través da web www.deanshop.es ou de xeito presencial na Oficina de Turismo, con atención ao público de luns a venres, de 09.30 a 14.30 horas. Tamén se poden obter na propia praza media hora antes do inicio de cada sesión. Con posterioridade o bono poderase trocar en numerosos comercios e locais hostaleiros da vila que contan co distintivo. Deste xeito, o uso do espazo lúdico acaba saíndo de balde e invístese nos establecementos de proximidade.

O prezo destes bonos por sesión distribúese da seguinte maneira: na quenda de mañá, 7 euros pola entrada dun/dunha cativo/cativa; pola tarde, 10 euros; e, coa opción de mañá e tarde, 15 euros. A contía total verase rebaixada pola participación de irmás e irmáns e será de balde para o/a terceiro/a.

Esta campaña impulsada pola Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), une o fortalecemento do sector comercial coa conciliación, contando coa colaboración do DEAN.shop eCommerce e da Asociación de Empresarios. Desenvólvese nas fins de semana comprendidas entre a de 8 de outubro e 18 de decembro, atendida por monitorado e especialistas en distintas materias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...