Comezaremos a semana nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, agardando a chegada dunha nova fronte na madrugada do martes. Deste xeito, teremos néboas matinais no interior e intervalos de ceo nubrado no resto, con algúns chuvascos illados durante a tarde na fachada atlántica. Xa pola noite e, sobre todo, na madrugada do martes, as chuvias irán ganando frecuencia e intensidade desde o oeste.
As temperaturas descenderán de xeito entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán do sur e suroeste e incrementarán a súa forza de xeito importante a partir da tarde, acadando refachos fortes ao longo da madrugada do martes.
Atención para luns: Ventos do suroeste fortalecéndose na madrugada do martes, acadando refachos fortes en moitas zonas de Galicia.
Temperatura do aire (°C) | MINMAX 10° 18° |
Temperatura da auga (°C) | 17° |
Índice ultravioleta máx. | 2 |

O NOSO MAR: Borrasca de 970 mb ao sur de Islandia. Borrasca de 965 mb ao oeste de Irlanda, cunha fronte fría activa que chegará na madrugada do martes.
Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 2 a 3 á mañá, 4 a 5 á tarde e 6 a 7 á noite. Mar rizado á mañá, marusía á tarde e media vaga á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:47 | 1.3 m |
Preamar | 07:11 | 3.1 m |
Baixamar | 13:31 | 1.3 m |
Preamar | 19:43 | 2.7 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:37 | 1.4 m |
Preamar | 06:59 | 3.0 m |
Baixamar | 13:23 | 1.4 m |
Preamar | 19:33 | 2.7 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:43 | 1.3 m |
Preamar | 07:07 | 3.0 m |
Baixamar | 13:30 | 1.3 m |
Preamar | 19:39 | 2.7 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)