O IES e o Concello da Pobra mostran a cultura mariñeira local ao centro educativo Dvořákovo Gymnázium, da República Checa

08 Novembro 2022

O IES da Pobra do Caramiñal é novamente unha ponte de colaboración cultural e formativa co mundo, grazas en boa medida á súa participación no programa Erasmus+. Ao abeiro desta programa o IES pobrense atópase mergullado nun intercambio cultural co centro educativo Dvořákovo Gymnázium, da cidade checa de Kralupy nad Vltavou. No mes de abril, cambiará a quenda e será o alumnado pobrense quen visite a República Checa. A colaboración de ámbolos institutos remóntase xa ao pasado ano co proxecto Marea fotográfica, coordinado polas profesoras Elisa Costas e Marga Saborido, no que se traballan os procesos da fotografía dixital co patrimonio industrial como temática a retratar.

A delegación checa, composta por once estudantes e dous profesores, coñecerá durante esta semana a idiosincrasia galega e, particularmente, da localidade, da man de vinte compañeiros/as do centro pobrense.

Este 8 de novembro participaron nun itinerario guiado pola técnica do Museo Valle-Inclán para coñecer máis sobre a historia e patrimonio mariñeiro, facendo unha especial énfase na salgadura. Asistiron tamén a un obradoiro de marisqueo que tivo como punto de partida o Auditorio do Museo Valle-Inclán, onde previamente recibiron a visita do alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e da concelleira das Relacións Institucionais, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), quen contaron co acompañamento do director do IES, Alejandro Bobillo, e de representantes do centro de estudos checo, Klára Sikorová e Nicolás Lin. O mandatario local trasladou o desexo de “que a estadía sexa do agrado dos/as visitantes, ademais de pór en valor programas educativos desta índole que contribúen ao crecemento persoal da mocidade”.

Deseguido, unha das técnicas do Turismo do Concello procedeu a introducir a xornada de turismo mariñeiro, engadindo á súa explicación a proxección dun vídeo que reflicte a cadea pola cal pasan os recursos marisqueiros ata chegaren aos pratos en forma de saborosas receitas, que se recollen nunha publicación da cal se lle fixo a entrega coas diferentes elaboracións de establecementos hostaleiros do municipio. Tamén se repartiron bolsas con material de promoción do turismo.

Xa na propia praia dos Areos, puideron experimentar o oficio das mariscadoras e coñecer os bivalvos presentes no litoral, así como os aparellos que se empregan para a súa extracción.

Nos vindeiros días realizarán numerosas actividades como a práctica do remo ou a visita a Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...