
Resulta evidente a desconexión que existe entre os Estados membros da UE e a propia Unión Europea no que atinxe á pesca, feito que implica unha outra vez ao eurocomisario Sinkevicius, ben porque non sabe ou porque non entende.
Tal desconexión pode constatarse agora na recomendación que fai o ICES (Consello Internacional para a Exploración do Mar) que, na súa condición de instituto encargado pola UE da avaliación dos recursos pesqueiros) de elevar as capturas de pescada norte nun 11%, cando anteriormente X recomendara unha suba para a pescada sur do 70%.
Para a pescada norte, o lCES propón pasar das 75.054 toneladas recomendadas para o ano 2022 -que finalmente se fixaron en 78.926 toneladas- a 83.130, cun marxe de aplicación entre 52.284 a 117,525 toneladas.
Hai qn entenda este verdadeiro galimatías?. Que é o que realmente lle interesa á Unión Europea por parte do ICES, para que lle sirve, talvez para facer o mesmo que cos informes dos pescadores comunitarios?.
As capturas de pescada evidencian unha tendenza descendente dende vai 5 anos, segundo todos os informes. Actualmente o recurso está nun nivel alto de biomasa e a mortalidade pesqueira está por baixo dos parámetros estabelecidos (FMSY), pero o descenso nas capturas e o nivel dos indices de abundancia fai que se tomen precaucións. Por este motivo o ICES aconsella que aplicando o MSY ás capturas deste recurso, non superen en 2023 as 83.130 toneladas.
Hai quen me compre un lío?.
O ICES é, como xa se dixo o instituto encargado pola Unión Europea das avaliacións dos recursos pesqueiros procuran campañas co obxectivo da UE para o TAC na idea de acadar o máximo de todos os stocks para que sexan sostibles producindo o Rendemento Máximo Sustentable (RMS).