O Grupo Código Cero editora das webs e das revistas “Código Cero” e “O Barbanza” finalista en Iniciativas Culturais e Científicas do Premio da Crítica de Galicia 2022

19 Novembro 2022

Este sábado 19 de novembro ás 12:00 horas no decurso dun acto na sede de Afundación de Vigo deuse a coñecer o ditame da XLVª edición dos Premios da Crítica de Galicia nas súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica.
Baixo o lema «Galicia é infinda» do poeta Florencio Delgado Gurriarán, xuntáronse trescentas persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Elena Espinosa en representación da alcaldía de Vigo; Valentín García, secretario xeral de PolíticaLingüística, Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, así como once alcaldías de diversos concellos do país.
No transcurso do acto, que foi conducido pola escritora Ledicia Costas, Bieito Ledo, presidente e fundador dos Premios da Crítica de Galicia, fixo un percorrido pola memoria desta iniciativa pioneira organizada en Vigo dende hai corenta e cinco anos.
Dende comezos do mes de outubro, as 56 persoas compoñentes dos oito xurados, que se unen ao máis de mil catrocentas participantes ao longo de toda a súa historia, traballaron e ditaminaron de forma virtual sobre as propostas presentadas libremente por editoras, produtoras e outras entidades culturais.

Acto de entrega do Premio da Crítica

A Cova de Eirós, premio de Iniciativas Culturais e Científicas 2022 O xurado da XLV edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas, formado por  Xosé Aldea, editor e xestor cultural; Lois Celeiro Álvarez, xornalista; Belén López Vázquez, editora; Celia Pereira Porto, avogada, presidenta da Fundación Vicente Risco; Mar Mato, xornalista cultural; Xosé Luís Regueira, membro da RAG, profesor da USC e Xosé María García Palmeiro, xornalista, secretaría en representación dos Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Cabreiros Xermade).  Veinticinco anos dunha experiencia rural colectiva; Código Cero Comunicación e Investigación do
Paleolítico das Serras Orientais. A Cova de Eirós (Triacastela).
Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Investigación do Paleolítico das Serras Orientais. A Cova de Eirós (Triacastela).
O xurado salientou a importante dimensión espacial e temporal dunha iniciativa cultural e científica de longo alento, que abre as portas ao coñecemento do Paleolítico no territorio galego. Unha tarefa desenvolvida polo Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste.
Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio do departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Asemade, salientou o potencial desta investigación para a dinamización dun espazo rural de menos de mil habitantes e as sinerxías coa veciñanza propiciadoras da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) en 2017.

Outros dos premios foron:

O que fica fóra de Manuel Rivas, Premio de Creación Literaria 2022.

A figuración galega en Irlanda (1840-1936) de Xavier R. Madriñán, premio de Investigación 2023.

Ugia Pedreira, premio de Música 2022.

Mónica Alonso, premio de Artes Plásticas 2022.

N.E.V.E.R.M.O.R.E de Chévere, premio de Artes Escénicas 2022.

Atalante, premio de Cine e Artes Audiovisuais 2022.

María Varela, premio de Cultura Gastronómica 2022.

Esta XLVª edición dos Premios da Crítica de Galicia estivo patrocinada
polo Concello de Vigo, A Xunta de Galicia e a Deputación provincial de
Pontevedra, sendo entidades colaboradoras Afundación e Sargadelos.
Contou ademais co patrocinio de trinta empresas e entidades de
produtos galegos de calidade, etiquetados na nosa lingua.

Outros artigos

A exposición sobre autismo de Amicos desembarca nas rúas de Rianxo

A campaña impulsada pola asociación da nosa comarca Asociación Amicos para sensibilizar e informar á veciñanza do Barbanza sobre o autismo continúa o seu percorrido polos nosos concellos. Faino cunha exposición divulgativa que comezou a súa viaxe o 2 de abril con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...