O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 apoiou e deu visibilidade a un total de 1.200 proxectos

04 Novembro 2022

A Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe Valentín García compartiu o balance de actividades desenvolvidas en 2021 ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, programa enmarcado no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte á crise da COVID-19. Entre os seus cometidos sitúase a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en galego, cos obxectivos de dinamizar a nosa lingua, apoiar aos nosos artistas, creadores e empresas e dar continuidade e visibilidade (sobre todo a través do Portal da Lingua, www.lingua.gal, e das redes sociais) á oferta e ao consumo de propostas lingüísticas e culturais. A convocatoria 2021 contou cun orzamento de 3 millóns, destinados a todos os eidos do sector cultura, que presentaron proxectos nas seguintes modalidades: dixital, presencial e material (libros, CD, DVD e outros produtos tanxíbeis).

As iniciativas optaron a un investimento máximo de 15.000 ou de 6.000 euros, segundo o tipo de solicitante. Incluíronse proxectos de lingua, artes escénicas, teatro, danza, música, artes plásticas, literatura, divulgación, patrimonio ou turismo cultural, entre outros. O total de solicitudes presentadas foi de 1.365, pasando a revisión administrativa o 88% dos mesmos (1.200). A modalidade de formato dixital foi a que tivo máis propostas presentadas, un 45%, seguida dos proxectos presenciais (o 34%) e dos materiais (o 21%).

Unha das actuacións presenciais do fondo no centro de Ribeira, na Porta do Sol

O orzamento total dos proxectos presentados foi de 14.708.458 euros, o 86% do cal (12.667.313) foi para as propostas completas.

Os proxectos presentados con maior orzamento foron os dixitais, co 45% deste.

Os proxectos presenciais representaron o 33% do orzamento total e os materiais o 22%.

A modalidade dixital foi a que tivo máis proxectos aprobados: un 50% (136).

Da categoría presencial, aprobáronse 102 (un 37%).

Os proxectos materiais foron os menos numerosos, cunha taxa do 13% (32 proxectos).

Podemos atopar máis datos no informe pendurado na Rede (en formato PDF) pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

La palabra es la mayor intuición de los humanos, y su mayor logro colectivo. Con ellas, con su cúmulo, los racionales nos distinguimos, construimos mundos, los narramos, elaboramos cosmos propios y extraños; adquirimos universos reales y proyectamos otros imaginarios....