O Elma (A Pobra) acolle este 12 de novembro a representación de Miss Docet

07 Novembro 2022

O Teatro Cine Elma acollerá este 12 de novembro a representación de Miss Docet, que chega á Pobra do Caramiñal da man da Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), ao abeiro do programa de Igualdade da Deputación da Coruña.

Compañía Eléctrica presenta mediante esta obra Emilia Docet, muller viguesa coñecida por ser a Miss España Galeguista, quen destacou como nadadora durante a República, estudou para ser perita mercantil e formou parte do Partido Galeguista. Recupérase así, dende a escena, a memoria histórica e o papel de loita dunha xeración de galegas que fixeron valer os seus dereitos a pesar das represalias da época.

Será interpretada por Iria Pinheiro, dirixida por Vanesa Sotelo e escrita por María Reimóndez.

A cita teatral arrancará ás 19.00 horas e o acceso é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...