O Concello de Outes organizou a penúltima das súas andainas deste outono: a de Santa Lucía – Entíns

07 Novembro 2022

Este domingo 6 de novembro celebrouse unha nova saída en Outes (a penúltima das programadas este outono) para coñecer o seu rico patrimonio cultural, patrimonial e paisaxístico: unha nova xeira das andainas Coñece o noso Patrimonio, organizadas dende a área de Cultura do Concello. Foi unha camiñada que levou aos participantes dende Santa Lucía até Entíns e nela participaron quince persoas.

As andainas, que comezaron a finais do verán, teñen as inscricións abertas na Casa da Cultura (no teléfono 981 850 950). O seu obxectivo é “achegar a veciños e residentes novas oportunidades de coñecer en persoa as importantes riquezas naturais, culturais e paisaxísticas do termo municipal”.

O programa inclúe andainas á Carleo pasando polo Cristo de Baneo (a do 11 de setembro), á Torre dos Mouros e as fervenzas de San Paio (este 25 de setembro con saída ás 9.00 dende a Igrexa de San Lourenzo), a San Tirso de Cando e á Catedral da Electricidade (o 9 de outubro saíndo da igrexa de San Tirso de Cando), ao punto orixinario do concello de Outes (o 23 de outubro, con saída da Eira do Carme, en Brión de Arriba), a Santa Lucía por Entíns (o día 6 de novembro con saída da Igrexa de Santa María de Entíns), e á Igrexa de Roo (o 20 de novembro).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...