O Concello de Dodro reitera ante a Secretaría para o Deporte a necesidade de arranxar o Pavillón Polideportivo

08 Novembro 2022

O Concello de Dodro vén de emitir un comunicado no que fai pública a necesidade de acondicionar, reparar e poñer en valor o Pavillón Polideportivo Municipal, “unha instalación fundamental para a práctica deportiva no concello” que é utilizada con asiduidade para actividades culturais, deportivas e de lecer e tamén por asociacións sen ánimo de lucro que traballan cos escolares ou con persoas con problemas de saúde para incrementar a súa calidade de vida e a súa integración social.

Porén, o Concello pon de manifesto as importantes eivas funcionais e estruturais do inmóbel polo que require a colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Administración local para “a reparación dunha instalación necesaria para o desenvolvemento persoal e deportivo da poboación”.

O Consistorio lembra no comunicado que o Concello solicitou nos anos 2020 e 2021 a colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte para a reparación da cuberta do Pavillón Polideportivo Municipal, petición que se reitera este mes de novembro de 2022, ante os estragos e os problemas de pingueiras e asolagamento que están a provocar os temporais na instalación.

Outros artigos

A V Bandeira de Bateis Concello da Pobra disputarase no 31 de marzo

Este 31 e marzo disputarase finalmente a quinta edición da Bandeira de Bateis Concello da Pobra, feminina e masculina. Trátase dunha proba organizada polo Club Remo Pobra (Club Remo Puebla) co patrocinio da Concellaría dos Deportes, ademais da colaboración da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...