O Concello de Boiro mellora a rede de pluviais e o pavimentado no Currillo

15 Novembro 2022

O Concello de Boiro está a executar estes días os traballos encamiñados ao pavimentado no Currillo, unhas actuacións englobadas no Proxecto de mellora da pavimentación en Carragueiros, Currillo, A Mina e Loimar do POS+2021 da Deputación da Coruña.

Na zona de Currillo estase a executar tamén a rede de separativa de pluviais co “obxectivo de garantir que as augas da choiva non deterioren a vía, aumentando a súa durabilidade e que non acaben por filtrar na rede de fecais existente e mellorando o seu funcionamento xeral”, explicaron fontes do Concello, engadindo que tamén se está acometer a renovación dun treito de 192 metros de firme que se atopaba nun estado de deterioro.

As actuacións forman parte dun proxecto mediante o que se actuou en varios puntos do municipio, moi transitados e habitados. O proxecto que contempla actuacións en Carragueiros, Currillo, A Mina e Loimar, dun importe total de 148.781,01 euros, executase mediante o financiamento da deputación da Coruña con cargo ao POS+ 2021.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...