O Concello de Boiro deseña o Plan Municipal de Igualdade para o período 2023-2027

17 Novembro 2022

O Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro, está a realizar a avaliación do III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes e o deseño do novo Plan, que abrangue os anos 2023 ata o 2027.

Segundo explican fontes do Consistorio, o Plan de Igualdade é “un instrumento obrigatorio para as administracións” e “define as accións municipais a desenvolver para alcanzar os obxectivos de fomento da igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero”.

O deseño deste plan estase a levar a cabo de xeito participativo para lograr que “sexan moitas as voces que aporten as súas inquedanzas, problemas e achegas para lograr un concello máis seguro, libre e igualitario”, aclarou o Concello, engadindo que nos últimos meses estivéronse a realizar mesas de traballo co asociacionismo boirense, os sindicatos, o tecido empresarial, os servizos sociais, a mocidade, persoal sanitario, forzas e corpos de seguridade, grupos políticos… Do mesmo xeito habilitáronse enquisas para a poboación e a Caixa de Correo da Igualdade para que calquera persoa “poida achegar a súa visión”.

Para levar a cabo esta diagnose impulsouse un proxecto co alumnado do IES Espiñeira para recoller as contribucións, suxestións e problemas que afectan directamente ao alumnado en temas como a educación, o emprego, a saúde, a participación cidadá, o deporte, a cultura… Amais, estase a facer un traballo de diagnose con mulleres vítimas de violencia de xénero para recoller as súas achegas en base a experiencias vitais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...