O Centro Lustres Rivas mostrará até o 17 de decembro unha exposición de escultura de Moxom

14 Novembro 2022

O Centro Cultural Lustres Rivas vai exhibir a partir deste venres 18 de novembro unha nova exposición de esculturas que leva por título Madeiras vivas, a cargo do artista ourensán Moxom. A mostra abrangue unha vintena de pezas, principalmente de mulleres, talladas polo autor en distintas madeiras, dende salgueiros ata castiñeiros e plátanos. Para realizalas, o escultor sérvese de materiais atopados nos camiños, nos encoros, etc.

Xosé Manuel Rodríguez, Moxom, naceu en Ourense en 1964 e comezou no mundo da banda deseñada na década dos oitenta formando parte do Frente Comixario, colectivo dinamizador da banda deseñada en galego. Desaparecido o colectivo comezou á súa andadura como Moxom no mundo da escultura de madeira en 1996, e transformou moitos dos seus debuxos en pezas de madeira.

A exposición será inaugurada ás nove da noite do venres 18 e poderá ser visitada ata o 17 de decembro en horario de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.

A entrada é gratuíta.

Outros artigos

O Dicionario da RAG engade novas entradas e modifica e amplía termos

O Dicionario da Real Academia Galega (RAG), unha ferramenta tan útil como necesaria, vén de ampliar contidos a súa base de datos engadindo novas entradas. Entre elas: agachamento e anicamento, teito de cristal, cultura da cancelación, escaleta ou esgrafiado. O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...