O BNG apoia á veciñanza de Corrubedo nas súas reclamacións para impedir o desmantelamento do consultorio local

17 Novembro 2022

A veciñanza de Corrubedo (Ribeira) concentrouse este xoves 17 de novembro perante o Centro de Saúde da localidade (na Casa do Mar) para esixir “que a Consellería de Sanidade dote de persoal médico e recursos suficientes o devandito centro”. A cidadanía contou co apoio do BNG. Os nacionalistas comentaron que “o deterioro que sofre a Atención Primaria en Ribeira está motivado pola precariedade laboral que padece o persoal sanitario e por culpa dos recortes orzamentarios aplicados polo Goberno galego”. Esta situación, engadiron, “provoca falta de profesionais, listaxes de agarda para acudir a unha cita médica e unha atención de peor calidade”.

Os nacionalistas cren “que Corrubedo podería vivir unha situación semellante á de Palmeira, que tivo que padecer a falta de médico durante meses até que a loita veciñal conseguiu forzar ao Goberno galego a cubrir a praza cunha doutora a tempo completo”.

O voceiro do BNG, Luís Pérez Barral, recriminou que “non é lóxico que a veciñanza estea sen atención médica durante días e días ou que o centro médico de Ribeira estea nunha situación de colapso ao haber 5 prazas de persoal sanitario sen cubrir das 14 que hai en total”.

E engadiu: “Os recortes do Partido Popular están provocando importantes prexuízos á poboación rural pois, ao non substituír o médico, as persoas maiores de Corrubedo deben desprazarse ao Centro de Saúde de Ribeira en autobús ou en taxi, supoñendo un gasto económico, ou ben depender doutras persoas para o seu traslado. Este feito supón, ademais, unha sobrecarga de traballo que soborda a capacidade dos xa escasos profesionais que hai no centro ribeirense”.

Evitar o peche de Corrubedo

Os membros do BNG expresaron o eu temor de que a falta de médico continuada sexa “a antesala perfecta para o feche do consultorio de Corrubedo como aconteceu cos de Taragoña e Cabo de Cruz, clausurados a comezos da pandemia e que nunca máis volveron abrir”. E engadiron: “Intentárono con Palmeira e agora van a por Corrubedo, non imos consentir que desmantelen o sistema público de saúde que tanto custou construír. Traballaremos a carón dos profesionais e da veciñanza para garantir o dereito a un sistema sanitario de calidade” aseverou Barral.

Barral sinalou tamén que o BNG rexistrará iniciativas no Parlamento e no Concello para esixir “que o Goberno galego cumpra cos acordos impulsados polo Bloque en ámbalas dúas institucións, cubra o 100% das vacantes de persoal sanitario que existen e se cubran as baixas médicas e vacacións que eviten a sobrecarga da Atención Primaria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...