Noia adquire unha nave que será acondicionada para aulas de formación e como almacén

04 Novembro 2022

O inmoble de pedra, situado en Santa María de Roo, será rehabilitado e acondicionado para albergar aulas de formación, o obradoiro de emprego e como almacén municipal.

O Concello de Noia aprobou a semana pasada a incorporación ao inventario municipal de bens dunha nave de pedra situada en Santa María de Roo que será acondicionada e destinada a aulas de formación, para o obradoiro de emprego e como almacén do propio Concello.
O inmoble, que xa foi adquirido polo Concello, comezará coa súa reahibilitación e posta a punto nas vindeiras datas para que sexa “un novo punto de formación do municipio e sirva ademáis como impulso laboral á nosa veciñanza”, destacou o alcalde, Santiago Freire.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...