Noia acollerá este mes de novembro o I Simposio Internacional de Crime e Misterio

O Concello de Noia estará este mes de novembro no punto de mira dos seareiros da intriga. Será os días 25 ao 27 de novembro coa celebración do I Simposio Internacional de Crime e Misterio, no que colabora o Concello noiés. Serán tres días de actividades para coñecer e escoitar aos grandes expertos do panorama galego e estatal dos ámbitos da criminoloxía e dos fenómenos paranormais. As entradas serán becadas e as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse en info@inica.es ou a través do Whatsapp 644 121 478. O sábado o simposio contará cun relatorio a cargo de Jaime Mayor Oreja.

Programación completa

25 de novembro

16:30 Inicio e presentación do Simposio (organizadores e autoridades)

17:00 A criminoloxía no Camiño de Santiago (María Teresa Carballeira – directora do Grao de Criminoloxía na USC)

18:00 Conferencia do Comandante Bryan Rozman EEUU (analista do Pentágono)

18:30 Conferencia de María Rozman (xornalista e gañadora de 3 Premios Emmy en EEUU)

19:00 O misterio da creación artística (Antonio Seijas, escritor e pintor)

26 de novembro

10:00 Horrores e misterios da España profunda (Natalia Monje, xornalista e historiadora)

11:00 A verdadeira historia da contra armada (Luis Gorrachategui, profesor e historiador)

12:30 Acto de recoñecemento e relatorio a cargo de Jaime Mayor Oreja

13:30 O emprego terrorista dos microorganismos e a guerra biolóxica (Juan Jesús Gestal, profesor emérito da USC)

17:00 A relación entre o crime, o misterio e a literatura (Ulises Bértolo, avogado e escritor)

17:30 A psicoloxía e o delito (Gonzalo de Francisco Meirelles, oficial da Policía Federal e profesor de Universidade de Bos Aires)

18:00 O fenómeno OVNI na actualidade (Pablo Villarrubia, escritor e xornalista de Cuarto Milenio)

19:00 Explicacións e fenómenos aparentemente inexplicables (tenente Coronel doutor Scott Smitson. EEUU. Estratexia do Pentágono e profesor da Universidade de Ohio.

27 de novembro

11:00 Arquivos confidenciais na intelixencia aérea (Fernando Cámara, coronel do Exército do Aire)

12:00 O crime dos Urquijo e outros misterios da historia criminal en España (Juan Rada, ex director de El caso e xornalista e escritor.

13:00 Arqueoloxía psíquica (Pablo Novoa. arqueólogo)

13:45 Clausura e entrega de diplomas (organizadores e autoridades)

14:00 Visita guiada pola zona histórica e máis misteriosa da vila.