Na Pobra presentación terceira edición Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas

16 Novembro 2022

Incentiva-la participación da veciñanza na ornamentación exterior dos seus fogares polo Nadal: este é o piar sobre o cal se fundamenta o Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas que chega á súa terceira edición.
O Concello da Pobra do Caramiñal convoca este certame que se fai extensivo a todo o municipio: Santa María a Antiga do Caramiñal, Santiago do Deán, Santo Isidro de Posmarcos, Santa Cruz de Lesón e Santa María do Xobre.
A concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), acompañada da técnica municipal desta área, Sara Sánchez, apunta que con esta iniciativa se busca contribuír a incrementa-lo carácter vistoso das rúas nesta época festiva.
Haberá un premio por cada parroquia, consistente nunha gran cesta do Nadal composta de produto de proximidade, pondo así tamén en valor o comercio local.
Disponse ata o día 2 de decembro para realiza-las inscricións mediante o correo electrónico turismoecomerciodapobra@gmail.com ou por vía telefónica no 981843280, marcando a extensión 2035. É preciso indica-lo nome, o documento de identidade da persoa participante, o enderezo do domicilio e un número de teléfono. Unha vez formalizada a matrícula e engalanadas as vivendas, remitirase polo referido correo electrónico un mínimo de dúas fotografías.
O período para a ornamentación remata no 6 de decembro. A decoración deberá permanecer ata o día 6 de xaneiro, ámbalas datas incluídas. A temática terá relación directa co Nadal e os elementos para empregar deixaranse á libre elección. O ditame do xurado darase a coñecer no 23 de decembro. Pódense
consultar as bases completas na web municipal www.apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...