“Mortos galegos” – Xulio Xiz

15 Novembro 2022

Hai unha antiga foto do profesor Eduardo Sampayo impartindo clase de ciencias naturais nos xardíns da praza Maior de Lugo, que é a imaxe perfecta dunha educación axeitada ao medio, especialmente en Galicia na que a vida asoma por calquera contorno.

Dixen “a vida”… pero o día de eifuntos, presentei e presenciei unha clase de galego no cemiterio de San Facundo de Ribas de Miño, en Paradela, o único de Galicia que ten todas as súas lápidas en galego.

A lección recibírona corenta nenos e nenas de primaria do colexio de Paradela, acompañados polo seu profesorado, entre os nichos do cemiterio para escoitar ao Alcalde de Paradela, José Manuel Mato; os arquitectos lucenses Jorge Salvador e Alberte González, responsables da obra; Xosé González, Presidente da Asociación de Funcionarios polo galego e M.ª Xosé Gómez, Xefa de Cultura e Educación da Xunta en Lugo.

A mellor lección é o exemplo, e mellor exemplo ca que os mortos de San Facundo teñan nas lápidas no idioma que falaron en vida, non pode habelo. Se a min, de pequeno, me tivesen levado a un sitio así – non o había, claro – non o esquecería na vida, e estes nenos experimentaron un impacto especial, contarano nas súas casas, e lembrarán sempre o día en que os levaron a un cemiterio para a lección do día.

Para ensinar galego é bo calquera día e lugar, porque sempre atoparemos exemplos que aplicar. Pero no día dos que habitan a parroquia do máis aló, hai que ir ao exemplar lugar de S. Facundo, para atopar o exemplo perfecto de como relacionar a memoria dos mortos coa presencia dos vivos: Vendo que se lembran en galego os restos dos que en vida falaron sempre no idioma do país.

Outros artigos

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

+

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...

+

“Medo e decepción” – José Manuel Pena

Segundo a ONU, as enquisas de opinión pública en todos os países coinciden en sinalar que os cidadáns non se senten representados polos seus gobernos e teñen unha pésima opinión da honestidade e sentido do servizo público dos políticos e votan máis en contra do que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...