Mércores melloría transitoria no tempo á espera dun novo emporamento cara a noite

Situación de transición á espera dun novo empeoramento para o xoves. Así, comezaremos o día con nubes baixas e algunha chuvia feble, co avance da mañá iranse abrindo claros. Cara á noite comezarán os chuvascos pola franxa atlántica. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso e as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará do oeste, virando a sur nas últimas horas do día, soprando en xeral con escasa intensidade.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 11° 16°
Temperatura da auga (°C) 16°
Índice ultravioleta máx. 1
meteogalicia

o noso mar: Vento do oeste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 4 a 5 á mañá, 3 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4.5 a 5.5 metros á mañá, 4 a 5 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.

Atención para mércores: Melloría leve e transitoria da situación marítima, con mar de fondo do noroeste que quedará por baixo dos 5 metros durante a tarde.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar03:053.7 m
Baixamar09:080.6 m
Preamar15:223.7 m
Baixamar21:290.5 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:553.6 m
Baixamar09:010.6 m
Preamar15:143.7 m
Baixamar21:210.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar03:013.6 m
Baixamar09:070.6 m
Preamar15:193.7 m
Baixamar21:270.5 m