Mércores con chuvias persistentes na costa dimuindo pola tarde

15 Novembro 2022

O mércores, Galicia atoparase baixo influencia das baixas presións, co paso dunha fronte cálida pola mañá e dunha fronte fría pola tarde. Deste xeito, os ceos quedarán cubertos en xeral, con chuvias febles durante a mañá e cada vez máis intensas segundo avance a tarde, persistentes na fachada atlántica e nas zonas altas da Comunidade e intermitentes no resto. As temperaturas manteranse sen cambios significativos, rexistrándose pouca oscilación térmica. Os ventos soprarán do suroeste, fortes no litoral e nas zonas altas.

Atención para mércores: Chuvias persistentes na vertiente atlántica e nas zonas altas. Ventos fortes no litoral e nas zonas montañosas.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 13° 19°
Temperatura da auga (°C) 17°
Índice ultravioleta máx. 2
meteogalicia

O NOSO MAR: Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4.5 a 5.5 metros á mañá e á noite e 5 a 6 metros á tarde. Forte marusía. Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 5 a 6 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar02:381.6 m
Preamar09:112.8 m
Baixamar15:511.5 m
Preamar22:112.6 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar02:291.7 m
Preamar09:012.8 m
Baixamar15:471.6 m
Preamar22:042.5 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar02:341.6 m
Preamar09:072.8 m
Baixamar15:501.5 m
Preamar22:062.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Fin de semana con sol e temperaturas altas

O sábado e domingo seguiremos na influencia das altas presións. Así, agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados en toda a Comunidade, pola tarde pode medrar algunha nube de evolución polo sur do territorio. As temperaturas non experimentarán cambios significativos...

+

Venres seguimos con sol e temperaturas altas

Unha xornada máis continuamos baixo a influencia das altas presións. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa illados en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados, con nubosidade de evolución pola tarde no sur. As temperaturas experimentarán un moderado...

+

Xoves con col e suba da temperatura

Galicia mantense na influencia das altas presións, polo que se agarda un xoves de tempo seco e ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso chegaremos ós 27 graos nas rías. O vento soprará moderado do nordés, con intervalos...

+

Martes segue o sol e lixeira baixa da temperatura

Galicia seguirá na influencia anticiclónica con réxime de ventos do nordés. Con esta situación teremos néboas en comarcas do interior e ceos moi abertos. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso máximas de 23 graos Os ventos soprarán do norte-nordés moderados, con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...