Medio milleiro de persoas volvéronse reunir no pavillón de Barraña para o Xantar de Confraternidade da terceira Idade do Concello de Boiro que contou con presenza da Xunta e da Deputación

O Concello de Boiro celebrou esta mañá unha nova edición do Xantar de Confraternidade da Terceira idade, do que puideron desfrutar medio milleiro depersoas. A cita contou coa presenza do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o Director Xeral de Inclusión da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, a deputada de Benestar Social, Ana Lamas; o concelleiro de Servicios Sociais, Raúl Treus e outros membros da corporación.
Durante a súa intervención o alcalde eloxiou ás persoas maiores polo seu traballo e o seu esforzo, sobre todo nos últimos anos onde se viron moi prexudicados polas restricións. O alcalde recoñecer unha labor pendente que as distintas administracións teñen con Boiro: “A residencia pública da terceira idade é unha necesidade que non se pode demorar máis e dende o Concello de Boiro imos seguir traballando este servizo para os nosos maiores”.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, agradeceu o convite e poder compartir conversas cos boirenses. Na súa intervención, o presidente da entidade provincial recoñeceu que “Boiro é unha vila moi dinámica que lle debe o que é a estas xeracións de homes e mulleres”.
Os comensais puideron desfrutar dun menú composto por tres mariscos: camarón, lagostino e ameixas; merluza e carrillera. Para finalizar, os asistentes puideron desfrutar dunha tarde de música e baile.

Pola sua banda o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe ao xantar de confraternidade coas persoas maiores de Boiro celebrado no pavillón de Barraña. Durante o encontro destacou a importancia de recuperar este tipo de eventos que serven de punto de encontro dos veciños da zona.

O director xeral lembrou a aposta do Goberno galego polos coidados de proximidade, que lles permiten ás persoas maiores manter un ritmo de vida activo e recibir coidados adaptados ao carón das súas casas. Neste sentido, destacan programas como o Coidados porta a porta, que leva servizos a todos os concellos galegos; as máis de 100 casas do maior que existen en toda a comunidade, ou os programas de voluntariado sénior.

A Xunta asiste ao xantar de confraternidade con persoas maiores de Boiro

Tamén o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, participou hoxe no Xantar de Confraternidade da terceira idade de Boiro e alí destacou “ a contribución dos maiores para facer de Boiro a vila de referencia que é hoxe”.

González Formoso acompañou ao medio milleiro de persoas que se reuniron neste acto, organizado polo Concello no pavillón de Barraña por primeira vez despois da pandemia, e aproveitou para salientar o traballo do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, no eido social, coa axuda da Deputación.

Formoso explicou que “neste mandato incrementamos nun 137% o investimento na área social, con servizos como o de axuda no fogar, con 400.000 horas anuais na provincia, 52.000 horas na comarca do Barbanza e 7.000 horas en Boiro para atender a 101 usuarios e usuarias”.

“En Boiro, o apoio da Deputación permite tamén contratar a dous profesionais dos servizos sociais e a atender a 67 persoas a través do servizo de Teleasistencia, que chega a 3.200 usuarios e usuarias en toda a provincia”, engadiu, lembrando que “este ano o Plan Único inviste 1,3 millóns de euro en Boiro, dos que 112.00 euros destínanse tamén a gasto social”.Durante a súa intervención o alcalde eloxiou ás persoas maiores polo seu traballo e o seu esforzo, sobre todo nos últimos anos onde se viron moi prexudicados polas restricións. O alcalde recoñece unha labor pendente que as distintas administracións teñen con Boiro: “a residencia pública da terceira idade é unha necesidade que non se pode demorar máis e dende o Concello de Boiro imos seguir traballando este servizo para os nosos maiores”.

O presidente provincial estivo hoxe no Xantar de Confraternidade da terceira idade do Concello de Boiro, que reuniu a medio milleiro de persoas no pavillón de Barraña