Martes con choivas puntualmente intensas e localmente persistentes

14 Novembro 2022

Durante as primeiras horas do martes, a fronte que entrou polo noroeste de Galicia durante a madrugada estará situada na metade sueste, polo que aínda se agardan chuvias intensas no sur e no leste que poden vir acompañadas localmente de aparato eléctrico, mentres que polo noroeste comezarán a abrirse claros. A partir do mediodía, os ceos alternarán nubes e claros con chuvascos dispersos e ocasionais, máis frecuentes na metade oeste. As temperaturas mínimas ascenderán entre lixeira e moderadamente, quedando as máximas con lixeiros ascensos. Os ventos soprarán de compoñente oeste, con intervalos fortes no terzo norte co avance do día.

Atención para martes: Choivas puntualmente intensas e localmente persistentes, en especial nas provincias atlánticas, e refachos moi fortes de vento do sur e suroeste en moitas zonas de Galicia durante a madrugada e primeiras horas da mañá.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 13° 19°
Temperatura da auga (°C) 17°
Índice ultravioleta máx. 2
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do oeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá e á tarde e 4 a 5 metros á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Marusía.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:351.5 m
Preamar08:012.9 m
Baixamar14:321.5 m
Preamar20:462.6 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:241.5 m
Preamar07:512.9 m
Baixamar14:251.5 m
Preamar20:402.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:301.5 m
Preamar07:592.9 m
Baixamar14:311.5 m
Preamar20:432.6 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Xoves Santo segue a choiva durante todo o día

O xoves continuamos baixo a influencia dunha borrasca centrada en Irlanda. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados con precipitacións máis abundantes no sur da comunidade, mesmo localmente fortes, con cota de neve nos 1.200 metros baixando a 1.000 metros a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...