Luns con chuvias intensas na primeira metade do día

20 Novembro 2022

Durante as primeiras horas do luns estará pasando unha fronte fría por Galicia, que deixará os ceos cubertos e chuvias intensas. A partir do mediodía, iremos quedando na zona de chuvascos con progresiva entrada de aire frío. A cota de neve situarase pola tarde nos 1000-1100 metros descendendo progresivamente aos 900 metros xa pola noite. As temperaturas irán en progresivo descenso co avance do día. O vento soprará forte, do oeste pola mañá, virando a noroeste a partir do mediodía.

Atención para luns: Ventos do noroeste con intervalos de forza 7. Ondas superiores aos 5 metros.

meteogalicia

o noso mar: Vento do sudoeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 5 a 6 á mañá, 6 a 7 á tarde e 5 a 7 á noite. Forte marusía á mañá e media vaga á tarde e á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 4 a 5 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar01:483.3 m
Baixamar07:501.0 m
Preamar14:023.4 m
Baixamar20:150.8 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar01:403.3 m
Baixamar07:421.0 m
Preamar13:533.4 m
Baixamar20:050.8 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:463.3 m
Baixamar07:471.0 m
Preamar13:583.4 m
Baixamar20:120.8 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Martes, San Xurxo, sol e baixa da temperatura

O martes Galicia mantense na influencia do anticiclón, que se retira cara ó oeste deixando un réxime de ventos do norte que traerán unha masa de aire máis fría. Así, comezaremos a xornada cos ceos despexados e a partir do mediodía entrarán as nubes polo norte quedando...

+

Luns sen cambios no tempo, empeza a baixar a temperatura

Galicia continuará baixo influencia anticiclónica durante o luns, e comezará a retirarse o aire cálido de xornadas anteriores. Con esta situación, agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados. Posibilidade dalgún banco de néboa illado en zonas de interior. Temperaturas...

+

Domingo soleado e con temperaturas altas

Durante a xornada do domingo seguiremos co dominio das altas presións centradas ó norte de Galicia. Con esta situación teremos algunhas néboas illadas en comarcas do interior que se irán disipando, quedando cos ceos despexados en todo o territorio. As temperaturas...

+

Fin de semana con sol e temperaturas altas

O sábado e domingo seguiremos na influencia das altas presións. Así, agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados en toda a Comunidade, pola tarde pode medrar algunha nube de evolución polo sur do territorio. As temperaturas non experimentarán cambios significativos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...