“Hai que sacar o barco dahí dunha puta vez. E o Prestige partiu e afundiu”. Antón Luaces

20 Novembro 2022

Este sábado cumprironse 20 anos do afundimento -partido en dous- do petroleiro de Bahamas “Prestige”: a popa atópase a unha profundidade de 3.545 metros; a proa , a 3.820 metros. A distancia entre ambas as dúas, 3,5 quilómetros. A popa afundiu ás 11,45 horas e a proa ás 16,18 horas. Antes de desaparecer no mar, o “Prestige” percorreu dende o momento no que se determinou que tiña que sair de augas galegas (estaba a tan só 4 millas da costa e José Luis López-Sor ordenou  o seu alonxamento, posiblemente a instancias do ministro de Fomento, Francisco Álvarez-Cascos) 243 millas (437quilómetros), cunha fendidura de 50 metros no costado, vertendo fuelóleo e deixando un mesto ronsel que deviu nunha marea negra que sempre negaron o Goberno e a Xunta.

O pecio do vello petroleiro está a 250 quilómetros da costa galega. E no seu ir e vir errático -escoltado por cinco embarcacións de Salvamento Marítimo e a fragata da Armada española “Cataluña”- o “Prestige” espallou no mar boa parte da súa carga, aínda que o pior chegaría como consecuencia do afundimento, cando o Goberno falaba de “hilitos de plastilina” e a Xunta, por boca do conselleiro López Veiga, negaba que se tratara dunha marea negra: “só é un verquido de fuel” . Este afectou, na súa “pequenez” á práctica totalidade da costa de Galicia, parte do norte de Portugal, o Cantábrico e a costa das Landas francesas.

A limpeza do verquido e o selado das fendas polas que o buque guindaba ao mar a súa carga custaron ao Goberno 12.000 millóns de dólares (que aínda están por recuperar totalmente) .

Mentres que o conselleiro de Pesca daba instrucións (“Hai que sacar o barco dahí dunha puta vez”) o director xeral da Mariña Mercante tiña coñecemento de que o buque navegaba o día 14 a 6 nos “sin problemas”. A últimas horas da tarde a velocidade era constante cando se atopaba a 25 millas ao NO do cabo Vilán. Ás 12 da noite achábase a 65 millas. Arsenio Fernández de Mesa declaraba daquela que do “Prestige” saaía “moi pouquiño combustible, un regueiriño de fuel que se apaga e volve sair en forma de bola, un manchón”.

Malia todo, o día 16, de madrugada, o remolcador “Ría de Vigo” alertaba sobre o estado do petroleiro: “isto parte en calquera momento”. O buque navegaba rumbo sur. A zona comprendida entre Fisterra e Touriñán recibía a primeira mostra do que seria unha marea negra que requeriu do desprazamento a esa área de barreiras anticontaminantes que o mar, con grandes ondas, facía ineficaces.

Resoaban os consellos de utilización de bombas incendiarias e disparos de artillería para provocar o afundimento do petroleiro cando este se achaba a 80 millas. O bombardeo debería realizarse dende a fragata “Baleares”, e as bombas incendiarias serían lanzadas dende algún dos avións “Harrier” do Exército español do Aire. Desbotouse o plan porque este non evitaba o verquido de fuel e, a máis, nen sequera existía a seguridade de que ardese o fuel (algo que todos saben no mar, especialmente os tripulantes de buques petroleiros, que non é doado acadar)  

“Aquí ninguén vai quedar sen turrón”, outra fase mítica de López Veiga, ao igual ca de Fraga Iribarne cando, na confraría de Caión, afirmou con rotundidade: “Aquí están os cartiños!”.

U-los?. Cobráronse todos, pagouse todo o que adiantou o Goberno, o que gastou a Xunta?. A indemnización foi aboada ao cento por cento, quen a cobrou?. Cobraron todos os que debían, houbo quen se beneficiou desta traxedia?.

Pola costa galega ecoan ditos: “Oxalá viñese outro “Prestige” para seguirmos cobrando”.

Van vinte anos. Galicia non esquece. E os milleiros de vontarios que loitaron contra a marea negra nas praias e coídos, e de mariñeiros que o facían no mar con  capachos, forquitas e calquera cousa que fora quen de recoller chapapote, tampouco .  Outros xogaban ao tute e sorrían. O “Prestige” xa é historia pasada. Disque.

Outros artigos

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

+

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...

+

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

Se les pide que pidan perdón, (no se para que), que manifiesten un acto de fe, que se arrepientan, se le pide lo que ya se sabe que no se obtendrá. Yo personalmente en el juego del circo político, pediría mil perdones , si ello le satisface, al fin de cuentas, nada va...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...