Este sábado Rianxo celebra o 25-N cunha andaina, un concerto de A Banda da Loba e un manifesto a cargo de Esperanza Mara

Unha das xornadas clave da loita anti-machista na nosa comarca será o vindeiro 26 de novembro, sábado. En Rianxo, co gallo da celebración do 25-N (Dia Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres), celebraranse entre outras actividades unha camiñada contra as agresións (a Andaina en Negro que organizan a Área de Deportes do Concello e a Piscina Municipal), a lectura dun manifesto anti-violencias e un concerto de Banda da Loba. A lectura será ás 13:00 horas na praza de Castelao e virá da man da soprano, formadora e activista noiesa Esperanza Mara, no que mesturará a lectura co canto e a continuación (sobre as 13.20) será a quenda de A Banda da Loba, grupo de voces e instrumentistas femininas que achegará en Rianxo un concerto contra a lacra das agresións (recentemente estiveron en Boiro presentando o seu novo traballo, Xabón Lagarta, no que se inspiran na profesión das lavandeiras e nas contornas de liberdade nas que se movían e traballaban a pé de río).