Este sábado o Auditorio de Rianxo acolle a presentación de De rosa antiga de Helena Villar Janeiro

11 Novembro 2022

A escritora Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá pero rianxeira de adopción, vai presentar a súa nova obra, De rosa antiga, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, o vindeiro 12 de novembro ás 20.30 horas. O acto, co-organizado pola Asociación Cultural Barbantia, contará coa presenza de Marcos Calveiro (Editorial Galaxia), Mª Xesús Blanco (Ac Barbantia), Adolfo Muíños (Alcalde de Rianxo) e a propia autora. Trátase dunha actividade abeirada á programación Outono Cultural 2022 impulsada pola área de Cultura municipal.

De rosa antiga, editada na colección Dombate, conmemora as vodas de ouro de Helena Villar Janeiro coa poesía (1972-2022), unha escolma que achega unha significativa mostra do que leva dado de si a polifonía dun canto que se iniciou hai cincuenta anos, con Alalás (1972).

Poeta serodia e non doada de situar nun grupo establecido, participou no Colectivo Cravo Fondo (1979), cando as mulleres non interviñan nestas experiencias comunitarias, e escribiu un dos primeiros poemarios femininos de contido erótico. Da voz intimista do inicio, a súa obra evolucionou cara a novas temáticas e ritmos, desde a poesía mínima dos inicios, que culminou nos haikus, ata contidos de carácter social ao redor das perspectivas feminista, ecoloxista e solidaria coa dor de todos os exilios (notas de Galaxia).

Outros artigos

As augas de Tanxil, As Cunchas e Torre, cualificadas de excelentes

O Concello de Rianxo informou esta semana que as tres praias locais incluídas no Rexistro de Augas de Baño de Galicia (Tanxil, As Cunchas e A Torre) foron cualificadas polo Servizo Galego de Saúde como de “calidade excelente". Ademais, os tres areais están incluídos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...