Este sábado cortaranse varias vías na Pobra co gallo do II Rallye Ribeira-Ría de Arousa

09 Novembro 2022

A Concellaría da Seguridade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra), informa da adopción dunha serie de medidas co gallo do II Rallye Ribeira-Ría de Arousa no 12 de novembro ao seu paso pola localidade. En horario de 12.30 a 20.00 horas permanecerá cortada a AC-302 no tramo que vai da rotonda do Polígono Industrial da Tomada en dirección Moldes. A alternativa máis próxima de comunicación co Hospital do Barbanza e inmediacións é a través da AG-11.

Tamén permanecerá inhabilitada a incorporación ao municipio pola autovía á altura de Cadreche. A entrada e saída ao campo de fútbol farase a través da estrada do Freixo. O acceso a Santo Isidro realizarase pola Ponte Barbanza.

Ademais, quedan illados os núcleos de poboación das Taras, San Paio e Pumadiño.

A maiores, das 08.00 horas en diante ata que remate o rallye tampouco se poderá facer uso da metade da explanada portuaria detrás da EEI Fernández Varela.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Legislatura serena y estable”. José Castro López

“Legislatura serena y estable”. José Castro López

El inicio de la duodécima legislatura en el Parlamento gallego reconcilia con la política,al menos por unos días. Sin entrar en los detalles de la liturgia protocolaria del acto, haydos imágenes relevantes que captaron las cámaras y publicaron los medios impresos...

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...