Este sábado 5 temos magosto tradicional no Araño

Proseguen na nosa comarca as festas de celebración do outono, da castaña e de todos os pratos típicos desta época do ano: as festas do magosto. Este sábado vaise celebrar no termo rianxeiro o tradicional Magosto do Araño, organizado pola Asociación de Veciños esta parroquia. Será a partir das 17.00 horas no Centro Cultural da Capela.

Haberá castañas de balde, servizo de cantina, música tradicional e un concurso de deseño de cabazas de Samaín. Tamén está previsto, para a rapazada, un espectáculo infantil con Xabi Longueirón: a función As cancións da casa da miña avoa (espectáculo pertencente á Rede Cultural da Deputación da Coruña). Máis información no Facebook da Asociación de Veciños do Araño.