Este martes os centros de Secundaria de Boiro celebran o Día da Ciencia

14 Novembro 2022

Os Centros de Secundaria do concello de Boiro (o IES A Cachada e o IES Espiñeira van celebrar o Día da Ciencia cun completo programa de actividades participativas, creativas e inspiradoras. Será este martes 15 de novembro, en horario de 9.00 a 18.00 horas, no Pazo de Goiáns.

Haberá obradoiros sobre enerxía e moitos obradoiros científico-tecnolóxicos, tocándose cuestións de gran interese como o manexo das impresoras 3D, o ADN, o xogos matemáticos, a química na arte, as potencialidades do software-hardware libre Arduino, as árbores da contorna do Pazo de Goiáns, a medición do tempo ou as vantaxes de facer ciencia en galego.

Tamén está prevista unha charla (ás 17.30 horas) a cargo de Victoria León, enxeñeira da empresa Rotogal (JJ Chicolino) que relatará a súa experiencia en fabricación avanzada en rotomoldeo para a materialización de pezas a medida.

Previamente, pola mañá, tamén haberá sesións divulgativas co arquitecto municipal de Boiro, Emilio Piña,, que falará sobre a restauración do Pazo-Torre de Goiáns baixo criterios de bioconstrución (ás 11.00 horas e ás 13.00) e unha función teatral (ás 10 e ás 12h) sobre Pitágoras que lembrará a dimensión intelectual do matemático grego a través dunha composición literaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...