Esta fin de semana Dodro fallarase o XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2022

15 Novembro 2022

O xurado do XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, organizado polo Concello de
Dodro, reúnese este sábado, 19 de novembro, para valorar e decidir a obra gañadora da actual
edición do certame. Neste acto, que se celebrará ás 10.30 horas na Casa da Cultura de Dodro, as
escritoras, Inmaculada López Silva, Emma Pedreira e Rebeca Baceiredo, terán a difícil tarefa de elixir
o poemario gañador entre os 51 traballos candidatos. Participarán na reunión, ademais, o alcalde de
Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís, como presidente do tribunal, Xoán Xosé Vicente Franco,
concelleiro de Cultura e Patrimonio, como secretario e a poeta Elvira Ribeiro Tobío en calidade de
coordinadora e responsable do bo desenvolvemento do premio.
Logo do fallo, o xurado xunto con membros do goberno municipal, familiares e amigos do
poeta, Eusebio Lorenzo Baleirón celebrarán unha sentida homenaxe ao autor no cemiterio de Laíño,
onde fica soterrado.
O acto oficial de entrega do XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón terá lugar o día 10
de decembro, no CPI de Dodro. A persoa gañadora recibirá 2.500 € e a obra galardoada será publicada
nunha editorial de recoñecido prestixio grazas ao financiamento do Concello de Dodro.

Outros artigos

O CEP de Carreira acolleu unha xornada sobre o ciclo da auga

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, visitaron este luns 22 de abril o CEP de Carreira no marco dunha xornada de formación sobre o ciclo da auga levada a cabo por Viaqua e encadrada no proxecto Aqualogía. O programa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

La palabra es la mayor intuición de los humanos, y su mayor logro colectivo. Con ellas, con su cúmulo, los racionales nos distinguimos, construimos mundos, los narramos, elaboramos cosmos propios y extraños; adquirimos universos reales y proyectamos otros imaginarios....