En Ribeira culmina o rescate dun regatista ao perder o rumbo, motor e electricidade a bordo da súa embarcación

15 Novembro 2022
Difícil rescate na costa de Corrubedo dun regatista francés que facía o “Roteiro do Ron”

O único tripulante da embarcación, que quedou embarrada na Praia de Ladeira, en Ribeira, foi trasladado ao aeroporto da Coruña en bo estado de saúde.

Desta maneira, remata en rescate unha situación da que tanto Salvamento Marítimo como o 112 Galicia estiveron pendentes desde a tarde de onte, cando un coñecido do afectado, de fala francesa, advertiu aos técnicos do servizo de rescate do risco que corría a embarcación ao quedar sen motor nin electricidade.

Con esta información, o equipo de Salvamento Marítimo, en colaboración cos xestores do 112 Galicia, mantiveron, mediante o sistema de traducción simultánea, o contacto permanente co único ocupante da embarcación trimarán, que trataba de acceder, co vento a favor, ao porto máis próximo. Sen embargo, a situación virou cada vez máis complexa ata o punto que o tripulante solicitou o remolque. 

Así, Salvamento Marítimo dispuxo os medios para realizar a correspondente manobra, aínda que sen éxito debido á distancia que separaba a embarcación danada da costa e á situación meteorolóxica completamente desfavorable. Foi así como os técnicos do servizo de rescate ofreceron ao tripulante a posibilidade dun rescate aéreo, que, nun primeiro momento, rexeitou ata que a perda total do rumbo e o manexo do barco fixo que cambiase de opinión.

Deste xeito, contra as cinco desta madrugada, os rescatadores de Salvamento Marítimo confirmaron o traslado do regatista ao aeroporto da Coruña a bordo do helicóptero Helimer 402 en bo estado de saúde.

Cómpre salientar que este operativo contou tamén coa cooperación por terra dos membros do servizo municipal de emerxencias de Ribeira e dos axentes da Policía Local, que iluminaron a zona, na Praia de Ladeira, co fin de facilitar as manobras do helicóptero.       

O Roteiro do Ron está considerada como a proba reina das regatas transatlánticas a nivel internacional. A competición celébrase cada catro anos, reunindo a máis dun centenar dos patróns máis experimentados do mundo que, en solitario e sen paradas. percorren o océano. O traxecto comeza en Saint-Mailo, na Bretaña francesa, e prolóngase durante máis de 3.500 millas (uns 6.500 quilómetros) ata chegar a Pointe à Pitre, na illa de Guadalupe. A proba divídese en seis categorías diferenciadas polo típo de embarcación que se utiliza. Nesta edición do 2022, preto de 140 intrépidos navegantes fixéronse á mar o pasado 6 de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...