En Ribeira convocada unha nova edición do concurso escolar para o deseño do cartel e a postal de Nadal do Concello

O Concello de Ribeira vén de convocar unha nova edición do concurso escolar de Nadal dirixido ao deseño do cartel oficial da programación destas festividades, así como a postal de felicitación. Poderán participar todas as nenas e os nenos que estean escolarizados nos niveis de Infantil e Primaria dos centros escolares do Concello de Ribeira.

Cada neno só poderá participar cunha creación en cada modalidade: cartel e postal.. O tema da obra deberá estar relacionado co Nadal. A obra, que deberá presentarse sen texto ningún, farase en cartolina ríxida ou material semellante. O tamaño non poderá ser maior dun A-3 nin menor dun A4. A técnica será libre: cera, colaxe, acuarela, rotuladores, témpera…

Premios

• Premio de 150 € para quen gañe o concurso na modalidade de cartel de Nadal distribuídos en bonos de compra.

• Premio de 150 € para quen gañe o concurso na modalidade de postal de Nadal distribuídos en bonos de compra.

A data límite de entrega é o 30 de novembro de 2022. Os traballos recolleranse neste Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.