En Noia o Club de Lectura María Mariño regresa de maneira presencial

11 Novembro 2022

O Club de Lectura María Mariño volve en Noia neste mes de novembro despois das sesións especiais dos últimos anos adaptadas á pandemia e ás restricións sanitarias. As reunións realizaranse un martes de cada mes ás 20:15 horas na Sociedade Liceo. O grupo reúne persoas adultas maiores de 18 anos, podendo
participar menores con consentimento familiar. As inscricións realizaranse a través do enderezo clubmariamarinho@gmail.com ou acudindo á xuntanza de inicio do vindeiro día 15. Durante a mesma entreganrase o calendario definitivo e a listaxe de lecturas deste curso, entre as que se atopan Las maravillas de Elena Medel; Panza de burro, de Andrea Abreu; e As malas mulleres, de Marilar Aleixandre.
O Club de Lectura María Mariño naceu en xaneiro de 2009 vinculado ao IES Virxe do Mar. Tralos pasos das xuntanzas literarias do alumnado do grupo “O conto de nunca acabar”, quíxose integrar a outros membros da comunidade educativa, en especial ás familias. O nome “María Mariño” xurde da poeta noiesa que designa a Biblioteca escolar, lugar inicial de encontro das participantes, para poñer en valor a
súa figura e as das mulleres creadoras.
O María Mariño é un club singular e plural á vez, de estrutura horizontal, no que cada persoa é esencial porque facilita e enriquece o funcionamento do mesmo de múltiples maneiras: propiciando o intercambio de libros no lugar de traballo; contactando con escritoras/es para que acudan a falar das súas obras e opinando e reflexionado sobre as lecturas propostas. Entre as actividades realizadas destacan as presentacións literarias con convidadas da talla de Ana Cabaleiro, Montse Fajardo, Susana Arins, Ismael Ramos, Antón Riveiro Coello, Xesús Fraga ou Xurxo Ayán; os encontros de tradutoras/es; e os coloquios como o de “mulleres creadoras” coas Illa Bufarda. Tamén se promoven de xeito complementario viaxes, saídas e visitas culturais.
O Club ten como asesor literario ao profesor Carlos Maquieira. Así mesmo, conta coa colaboración da Sociedade Liceo de Noia e da Librería Loroño e coa axuda do servizo de préstamo da Biblioteca de Galicia a través da Biblioteca Municipal de Noia.

 Inicio dun novo curso do Club de Lectura María Mariño de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...