En Corrubedo arranca a renovación da pavimentación e dotación pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira

07 Novembro 2022

O Concello de Ribeira informa do inicio da actuación dirixida á renovación da pavimentación e a dotación dos servizos municipais de pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira, ambas localizadas na
parroquias de Corrubedo.
A día de hoxe, a rúa Chaprado ten un pavimento de aglomerado asfáltico e non ten servizos de saneamento nin rede de pluviais, en tanto que a rúa Ceboleira contén un pavimento de formigón e
tampouco posúe os servizos aludidos.
Na rúa Chaprado vaise instalar un colector de PVC corrugado polo centro da calzada para a canalización de pluviais e un colector de PVC liso para o saneamento. Ademais, aplicarase un pavimento de
formigón intercalado con franxas de lousas de granito.
No que respecta á rúa Ceboleira, disporase tamén un colector de PVC corrugado e outro de PVC liso, e no que se refire ao pavimento aplicarase unha solución de formigón.
A obra está sendo executada pola empresa Mantido S.L. e comporta unha proposta de 88.044,13 euros, IVE incluído.
A actuación está enmarcada no o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS+2021 aprobado pola Deputación. O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...