Domingo empezan a chegar un tren de borrascas ata o xoves

12 Novembro 2022

O domingo chega unha fronte activa desde o Atlántico que vai traer un aumento de nubes e chuvias intermitentes de intensidade localmente forte que comezarán polo extremo oeste nas derradeiras horas da mañá e se irán estendendo cara ao leste por todo o territorio galego ao longo da segunda metade do día.

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas descenderán de xeito entre lixeiro e moderado na marxe atlántica e permanecerán sen grandes cambios no resto. O vento soprará do sur e suroeste, con refachos fortes nas provincias atlánticas e nas zonas altas, virando a oeste e noroeste e debilitándose tras o paso da fronte .

Temperatura do aire (°C)MINMAX 11° 20°
Temperatura da auga (°C) 17°
Índice ultravioleta máx. 2
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 5 a 6 á mañá, 5 a 7 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá e á tarde e 2 a 2.5 metros á noite. Visibilidade boa á mañá, mala á tarde e regular á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar00:081.1 m
Preamar06:283.2 m
Baixamar12:461.2 m
Preamar18:512.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar06:183.2 m
Baixamar12:361.2 m
Preamar18:442.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar00:051.1 m
Preamar06:253.2 m
Baixamar12:421.2 m
Preamar18:502.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Xoves Santo segue a choiva durante todo o día

O xoves continuamos baixo a influencia dunha borrasca centrada en Irlanda. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados con precipitacións máis abundantes no sur da comunidade, mesmo localmente fortes, con cota de neve nos 1.200 metros baixando a 1.000 metros a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...