Dezaseis novos fogares da Pobra xa contan cos seus composteiros domésticos

21 Novembro 2022

Prosegue na Pobra a liña de traballo municipal para dotar de composteiros domésticos ás familias do concello, ao abeiro da cuarta campaña de compostaxe que equipa aos fogares con colectores achegados por SOGAMA. Segundo informou a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Genoveva Hermo, aos 160 depósitos repartidos nas tres quenda previas, únense agora 16 novas unidades.

As vivendas que se incorporan a este proxecto foron convocadas no Teatro Cine Elma na tarde do 18 de novembro para recibiren os composteiros individuais, ademais dunha charla formativa e ferramentas auxiliares subministradas pola Administración local como, por exemplo, un aireador e material divulgativo.

Quedan colectores dispoñíbel, polo cal as persoas interesadas en se sumaren a este modelo de compostaxe poden formalizar a súa participación mediante unha solicitude no rexistro, preferiblemente o telemático. Entre os requisitos figuran vivir de forma habitual no concello da Pobra do Caramiñal; dispor dun terreo (xardín, horta) cunha superficie mínima de 25 metros cadrados; e permitir o seguimento do proceso durante 2023 a cargo de URBASER. O documento tamén está ao dispor en www.apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...