Detido un home por roubar nun local de Ribeira

Axentes da Policía Nacional de Ribeira detiveron a un home de 52 anos por un delito de roubo con forza nun establecemento de hostalería da zona. O propietario do establecemento denunciou que tras forzar a porta de entrada do establecemento, accederon ao seu interior e subtraeron diñeiro en efectivo, un computador portátil, así como outros efectos. Ademais, furtaron varias botellas de bebidas alcohólicas e comestibles.

A Policía informou de que ao detido cónstanlle numerosos antecedentes policiais, a maioría por delitos contra o patrimonio e contra as persoas. Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, o detido foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira, en funcións de garda.

Xulgados de Ribeira