“Case que 200.000 persoas agardan en España axudas por dependencia, un dereito que non se lles aplica”. Antón Luaces

05 Novembro 2022

Moitas desas perto de 200.000 persoas que teñen recoñecido en España o dereito a axudas á dependencia levan anos á espera de que se resolva o seu problema. Mentras tanto e malia ser este un dereito que teñen -como digo- recoñecido, cinco persoas falecen cada hora esperando unha prestación que non chega. 

Os expertos advertían estes días nos medios de comunicación, que de non se producir unha drástica solución, o problema vai seguir agravándose cada vez máis. Non obstante os encargados de solucionar esta problemática situacion semellan non conceder á mesma ningunha prioridade e a lista de finados vai en incremento, circunstancia que, presumiblemente, vai continuar dada a proximidade do inverno e os malos agoiros que este trae para os máis desfavorecidos. 

Os prezos de alimentos e combustibles non convidan a sermos optimistas a este respecto e as axudas á dependencia son papel mollado. Repartidas as competencias entre o Goberno, as comunidades autónomas e os concellos, España observa impasible cómo medra -e ao tempo se valeiran os almacéns- a aportación cidadá para facilitar a milleiros de familias recursos que permitan a estas polo menos un xantar cada día e, cando chegue o mal tempo, unha temperatura asumible na casa. E aínda así, non é abondo: os xubilados perciben pensiòns insuficientes na maior parte dos casos; outros pensionistas teñen que se arranxar con aportacións que non superan os 700 euros mensuais; outras axudas instituídas non superan os 400 euros cada mes. E unha barra de pan non baixa dun euro a peza.

 A electricidade é inasumible para moitas familias, o mesmo que acontece co gas. Alimentos básicos para a cidadanía non están ao seu alcance. E por máis que se apretan os cintos, os estómagos non achican. 

É a explicación a esas cinco mortes que se rexistran cada hora nun país que agarda a miragre do turismo para que sexa este o que soporte un emprego sumamente volátil.

As axudas á dependencia é só un síntoma de como de mal o están a pasar cidadáns nos que hoxendía falar de mileurismo é considerado unha bendición. Persoal titulado e cualificado  non supera salarios de mil euros, en moitos casos coas pagas extraordinarias prorrateadas ou, o que é o mesmo, percibidas as 14 pagas anuais en 12 mensualidades para, aínda así, non superar os 12.000 euros por ano traballado.

E iso que no período de dous anos, o salario mínimo interprofesional medrou como nunca o fixera na súa historia. 

Non, certamente non estamos a vivir a mellor etapa da historia de España, por máis que se teñan en conta condicionantes tan evidentes como a pandemia e a guerra de Ucraína. 

E nen sequera se pode culpar desta problemática exclusivamente ao Goberno. Todos estamos nun barco que ten demasiadas vías de auga. E cando das taponado unha, outra se abre a carón da anterior.

Unha tolemia. E un medo permanente a un futuro que xa é presente. A ver se aguanta o traballo. Oxalá que sí. 

Outros artigos

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...

+

“Medo e decepción” – José Manuel Pena

Segundo a ONU, as enquisas de opinión pública en todos os países coinciden en sinalar que os cidadáns non se senten representados polos seus gobernos e teñen unha pésima opinión da honestidade e sentido do servizo público dos políticos e votan máis en contra do que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...