“Calamos, logo consentimos? Protesta, que algo queda” – Antón Luaces

14 Novembro 2022

Madrid, a máis de capital de España é, en boa medida, o epicentro do sentir de moitos españois e non só polo feito de se concentrar nesa Comunidade Autónoma uniprovincial unha parte importante do censo de poboación do Estado español.

En moitas ocasión, cando os madrileños espirran o resto dos cidadáns españois xa estamos acatarrados. E no caso de Galicia, ben podemos engadir que estamos a piques de ingresar por urxencias nalgún centro hospitalario (cando dependemos do SERGAS, que era o cotián e agora non o é).

Con centros hospitalarios teoricamente dabondo para atender en estadios locais, comarcais e autonómicos e con sete estruturas de xestión integrada, o Sistema Público de Saúde de Galicia distribúe o seu plan de asistencia nas áreas Sanitarias da Coruña e Cee; de Santiago de Compostela e Barbanza; de Ferrol; de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; de Pontevedra e O Salnés; de Vigo; de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos- En total 19 centros hospitalarios, cifra supostamente dabondo para atender a unha poboación como a galega, agás nun caso de pandemia mesmo de maiores dimensións ca vivida aquí coas COVID-19.

Tendo en conta o labor que desenvolven os Puntos de Atención Continuada (PAC) empregados para alongar o horario cotián de consulta e un xeito de acceso rápido (cando lle cadra) á asistencia médica e que son os máis frecuentados polos doentes, sumados ás devanditas estruturas de xestión integrada, semella que os galegos non deberiamos ter problemas

á hora de recibir atención médica na Comunidade Autónoma. E sen embargo si os hai. Non por carencia de centros sanitarios, senón pola dependencia xerada que estes teñen dos centros consorciados, é dicir, da sanidade privada que, segundo fontes dos hospitais privados, levan a cabo o 25,5% dos actos cirúrxicos e atenden o 19,8% das altas e o 21,4% das urxencias.

O 69% dos hospitais de Galicia son privados e máis de 413.000 persoas teñen un seguro de saúde cada vez máis caro. Deste xeito, os hospitais privados existentes en Galicia teñen o 23% das camas hospitalarias existentes na Comunidade Autónoma, e o 50% dos PET (técnica diagnóstica por imaxes) e o 46% das resonancias magnéticas atópanse no sector privado, cuxa actividade vai en incremento de xeito evidente. Toda esta actividade privada fai que os centros deste segmento estean en moitos casos saturados e que, sen unha explicación coherente aos efectos non positivos deste feito na sanidade pública, o goberno galego -a Xunta- sega a favorecer a actividade privada talvez en menoscabo da pública tanto en dotación humana como técnica.

Sanidade pública, como pasa co ensino público, teñen en Galicia un caldo de cultivo máis que probado que, por se fora pouco, repercute negativamente nos servizos sanitarios que todos pagamos e que, obviamente, dada esta dependencia da sanidade privada, fai que a cidadanía bote man desta para solucionar os seus problemas de saúde. E aínda así, nestes momentos, nin a pública nin a privada están a atender en tempo e forma a demanda de atención médica que todos requirimos nalgún momento. En ambos os casos, o atraso na atención está máis que constatada.

Pero só se protesta en Madrid.

En Galicia, nen sequera se fai pública protesta pola carencia de persoal na práctica totalidade do estamento médico dependente da Comunidade Autónoma. E dicimos que chove.

Outros artigos

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

+

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...

+

El voto del BNG avala a Maduro”. José Castro López

El pasado día 17 el presidente venezolano, Nicolás Maduro, fue proclamado candidatodel chavismo para las elecciones de julio. Tres días después la Alta Comisionada de lasNaciones Unidas para los Derechos Humanos pedía un proceso electoral “transparente,inclusivo y...

+

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

Tanto en Europa como en el resto de los países del planeta se está a vivir una lucha desigual en la organización política y social; mientras unos responsables políticos y gobernantes abogan por el mantenimiento de los privilegios, otros defienden los derechos...