Boiro rende homenaxe ao mestre de música Ramón Boga

21 Novembro 2022

A Banda Municipal e a Escola de Música de Boiro, renderon este sábado 19 de novembro unha sentida homenaxe ao mestre Ramón Boga, quen foi impulsor da formación e mestre de boa parte das xeracións de músicos que pasaron pola escola boirense. O acto, que tivo lugar no Centro Social de Boiro, incluíu a proxección dun vídeo, o nomeamento dunha aula co nome do homenaxeado e un concerto de boa parte dos músicos que pasaron pola formación.

Ás 19.00 horas daba comezo o acto no Centro Social de Boiro onde, entre aplausos, os preto de cen asistentes recibiron ao mestre Boga.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou no recoñecemento ao profesor, que estivo conducido por Roi Boga e Gus Romero e no que se proxectou un vídeo sobre a súa traxectoria (que “tamén é a da Banda Municipal de Música de Boiro”, explicaron) e das vivencias de todos os que pasaron ao longo dos anos pola escola.

Logo do acto institucional, o propio Boga descubriu a placa situada no acceso á aula na que, na actualidade, seguen a ter lugar as clases de música e que leva xa o seu nome, tal e como afirmaron “de maneira oficial porque xa a nomeabamos así”. O local Leñaverde do Centro Social de Boiro foi o escenario no que se xuntaron unha trintena de músicos, moitos deles que levaban anos sen coller o seu instrumento, para interpretar o pasodobre de Puenteareas, Country and Western e a muiñeira Xurés, dirixidos por Juan Pérez Ortega.

Para finalizar o acto, os músicos obsequiaron ao mestre cunha placa coa seguinte inscrición: Mestre Boga, por tantos e tan bos momentos, por tantas leccións aprendidas. De parte de todos os que formamos parte desta pequena gran familia que é a Banda Municipal de Música de Boiro. Moi emocionado volveu coller a batuta para dirixir unha vez máis a banda nas notas do pasodobre Rolandito e o bis da muiñeira Maruxiña, pezas que serviron de broche a un emotivo acto.

Outros artigos

Boiro impulsa un Camiño Escolar Seguro cara aos centros educativos

O Concello de Boiro e a Policía Local, xunto coa comunidade educativas do CEIP Santa Baia, o CEIP Praia Xardín e o IES Praia Barraña realizaron este 24 de abril unha xornada promocional do Camiño Escolar Seguro. Na actividade participaron o alcalde, José Ramón Romero,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...