Boiro prosegue o seu ciclo de faladoiros para mulleres abeirados á celebración do 25-N

16 Novembro 2022

O Concello de Boiro programou unha serie de actividades co gallo do 25-N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Por exemplo, realizarase durante todo o mes un ciclo de charlas nomeado Mulleres e Saúde con servizo de ludoteca para facilitar a conciliación. As actividades que conforman este programa e se están a levar a cabo son as seguintes: o faladoiro A saúde das mulleres na menopausia (o mércores 9 de 17 a 20h, da man de Iria Cierto Buján, matrona), os obradoiros Encantada de coñecerme de saúde sexual para mulleres adultas (os sábados 12 e 19 de 11 a 13h, no CS de Boiro, imparte Jeane Costa, sexóloga de SEDRA), a charla Endometriose, a epidemia oculta (o mércores 23 de 17 a 19h, no CS de Boiro, imparte a sexóloga de QuerENDO Verónica Ramilo) e a xornada Menstruación sustentábel (o sábado 26 de novembro de 11 a 13h, organizada polo Foro Ecolóxico de Boiro). Estas accións compleméntanse cun servizo de asesoramento sexolóxico facilitado por SEDRA – Federación de Planificación Familiar (698 126 048 e galicia@sedra-fpfe.org).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...