Boiro entrega máis dunha tonelada de
tapóns recollidos nos puntos instalados nas parroquias

17 Novembro 2022

O Concello de Boiro vén de enviar un camión con máis dunha tonelada de tapóns ao centro loxístico de tapóns solidarios para destinar a causas solidarias. O concelleiro de Servicios Sociais e Medio Ambiente, Raúl Treus, supervisou o cargamento de material doado para a investigación da enfermidade de Dent.
Estes tapóns foron recollidos nos últimos meses nos diferentes puntos de recollida do termo municipal que se atopan en cada parroquia. “Comezamos instalando un colector en forma de corazón na praza do Concello e a demanda fixo que instalásemos un en cada parroquia”, afirmou o concelleiro de Servicios
Sociais.
A instalación destes colectores e a súa gran acollida demostra, no so a solidariedade dos boirenses cando se trata de involucrarse nunha boa causa, senón tamén a concienciación na reciclaxe á hora de separar os tapóns das botellas de plástico.
Este porte de tapóns está destinado á investigación da enfermidade de Dent, unha doenza rara que padece Hugo, un nenos de Brión.

Outros artigos

A Pobra, epicentro nacional do remo co Campionato de España de Bateis

"Hai unha semana dicíamos que A Pobra se erixía como capital galega do remo; hoxe podemos dicir que de España." Con estas palabras comezou o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, na presentación do LXXXI Campionato de España de Bateis que terá lugar no 27 e 28 de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...