Boiro celebra o vindeiro 4 de decembro a XVII edición da carreira popular Mar de Boiro, 15º memorial a Pepe Buceta

23 Novembro 2022

O Concello de Boiro celebra o vindeiro domingo día 4 de decembro a XVII carreira popular Mar de Boiro. 15º memorial a Pepe Buceta. Na presentación da proba, que tivo lugar esta mañá, estiveron o alcalde, José Ramón Romero; a concelleira de Deportes, Dores Torrado; o membro de Barbantia Roda, Jose Navarro; e o técnico de deportes, Manuel González.
A proba, que forma parte do circuíto de carreiras de Barbanza Arousa, está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e consta de tres categorías distintas. A primeira delas engloba as carreira Mini e Supermini para idades de ata os 7 anos, será de 200 metros e sairá ás 10.40 horas da rúa peonil. A seguinte categoría será para escolares, unha carreira de 2.500 metros que sairá ás 11.05 horas da rúa Principal; e a carreira longa de 10.000 metros para categorías xerais sairá ás 11.00 horas da rúa Principal.
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, animou á veciñanza a participar nesta proba que “está dedicada a Pepe Buceta, un referente do atletismo do noso municipio”. “Boiro é un referente deportivo en moitas
modalidades, o atletismo é unha delas, algo que se demostra nesta carreira”, engadiu o mandatario.
O percorrido da carreira será pola rúa Principal e percorrerá a Avenida de Compostela dirección Praia Xardín, percorrerá o paseo Marítimo de Barraña ata o Saltiño e chegará ata Mañóns para regresar a Boiro, onde estará instalada a liña de meta na rúa Peonil. Os trofeos premiarán aos tres primeiros clasificados de cada categoría e aos tres gañadores absolutos, tanto masculino como feminino, e tamén aos tes primeiros corredores e tres primeiras corredoras de Boiro; ao participante de maior idade e a clasificación de Sapatilla Inclusiva para persoas con discapacidade.
“A carreira popular Mar de Boiro é unhas das probas máis destacables do Concello”, afirmou a concelleira de Deportes, Dores Torrado, que agradeceu a súa colaboración a Barbantia Roda e a todos os colaboradores. “Probas como esta facilitan o achegamento de pequenos e maiores a un deporte como
o atletismo, engadiu a concelleira.
Neste momento hai inscritas xa arredor de 450 persoas e as inscricións para participar nesta proba están abertas ata o día 1 de decembro ás 23.59 horas na web de Emesports ( www.emesports.es ).

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...