Barbantia homenaxea a Maxi Olariaga e achéganos á tradución ao galego do Código de Hammurabi e ao novo libro de Helela Villar

08 Novembro 2022

A Asociación Cultura Barbantia compartiu con nós a súa axenda literaria para esta fin de semana, concretamente para os días 11 e 12 de novembro (venres e sábado). Haberá presentacións editoriais en Ribeira e Rianxo e unha homenaxe en Noia: o tributo que lle rende a xente da cultura da nosa comarca ao escritor, poeta e articulista Maxi Olariaga, falecido en 2018. Olariaga foi homenaxeado en 2016 pola propia Asociación Barbantia, que lle concedeu ao premio Sereo pola súa importante traxectoria cultural. Ao día seguinte, a poeta lucense afincada en Rianxo, Helena Villar Janeiro, presentará na súa terra de adopción o seu novo libro, De rosa antiga. Previamente, o venres, o ribeirense Xosé Antón Parada dará a coñecer a publicación da tradución ao galego do histórico Código de Hammurabi, feita por el mesmo.

  • Venres, 11 de novembro, 20.30 h, Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira: Código de Hammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica. Tradución, introdución e notas de Xosé Antón Parada.
  • SÁBADO, 12 de novembro, 19.30 h, Casino de Noia, Homenaxe a Maxi Olariaga
  • SÁBADO, 12 de novembro, 20.30 h, Salón de Actos do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo: De rosa antiga, de Helena Villar Janeiro.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...