As persoas maiores volveranse reunir no Xantar de Confraternidade da Pobra

09 Novembro 2022

A Pobra do Caramiñal recupera trala paréntese ocasionada pola pandemia a celebración destinada en exclusiva para as persoas maiores de 60 anos. O Concello organiza un ano máis o Xantar de Confraternidade, que agarda reunir un máximo de 850 comensais, segundo anuncian o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra).
Trátase dunha cita para estreitar lazos que terá lugar no 2 de decembro, ás 14.30 horas, no polideportivo municipal de Venecia. O prazo de inscrición abrangue do día 14 ao 29 de novembro e o trámite débese
formalizar no primeiro andar da casa consistorial, en horario de 09.30 a 14.00 horas.
O prezo da entrada é de 15 euros por persoa, que se deberán aboar preferiblemente mediante a tarxeta. O menú constará de dous mariscos, peixe, carne, sobremesa, café e bebidas variadas.
As persoas asistentes serán recibidas con música tradicional a cargo de Trécola, mentres que o baile da tarde virá marcado por Puzzle. Ademais, realizarase un sorteo de agasallos doados por empresas colaboradoras.
Para a realización deste xantar, a corporación municipal aprobou no pleno extraordinario do día 27 de outubro un crédito de 40 000 euros con cargo ao remanente da tesouraría. O cátering sairá á licitación nesta semana cun orzamento base de 38 250 euros. Aprovéitase a ocasión para agradece-la achega económica dos negocios que deciden colaborar no desenvolvemento deste evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...