Arde o palangreiro de Ribeira Coyo Cinco na costa de Cabo Verde

10 Novembro 2022

O palangreiro de Ribeira Coyo Cinco, incendiouse esta noite cando estaba de camiño a Cabo Verde. As chamas foron extinguidas grazas á colaboración da tripulación e a embarcación está a regresar ao porto de orixe, Mindelo.

O lume iniciouse no cadro eléctrico do buque no que viaxaban 16 persoas. A tripulación pronto parou a máquina e pechou o espazo para evitar que o aire de fóra avivase as chamas. Os mariñeiros deron a voz de alarma sobre as 20:59 horas a Salvamento marítimo español, que coordinou cos servizos de rescate do país doe atopábanse. Tamén se puxeron en contacto con outras embarcacións próximas para avisar de que non había ningún problema para a vida dos tripulantes e que non necesitaban remolque.

Despois de algo máis dunha hora á deriva, os tripulantes puideron volver arrincar o motor e poñer en marcha a embarcación, de camiño a Mindelo onde se realizarán as revisións e posibles reparacións. Está previsto que cheguen mañá sobre o mediodía, unhas 28 horas de viaxe que poderían verse acurtadas se collen velocidade no último tramo.

O Coyo Cinco é un buque integrado na asociación Opromar, de Marín. Ten 39 metros de eslora e foi construído en 2003.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...