Amicos inicia a selección de participantes para o seu novo Programa Integrado de Emprego

23 Novembro 2022

A asociación inclusiva Amicos organiza por terceiro ano consecutivo o seu Programa Integrado de Emprego 2022-2023, para o cal xa iniciou o proceso de selección de participantes. O PIE de Amicos vai dirixido a usuarias e usuarios dos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son e Noia. Está enfocado a persoas desempregadas, principalmente mulleres, menores de 30 anos sen formación, homes maiores de 45 e persoas con discapacidade.

Facendo balance do conseguido nas dúas últimas edicións, a entidade lembra que o PIE contou coa participación de 250 persoas e logrou unha taxa de inserción de máis do 70%.

O programa inclúe accións de formación ocupacional, prácticas non laborais e prospección/mediación coas empresas. Para iso, levaranse a cabo na nova convocatoria máis de 500 sesións individuais de activación, orientación e adestramento, sumando máis de mil horas de formación para o emprego.

Para apuntarse ou solicitar máis información pódese contactar coa Asociación Amicos ou enviar un correo o enderezo electrónico a programaintegrado@amicos.org ou chamando ao 672 74 50 52 ou ao 672 74 50 58.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...