Agadea retoma en Boiro o servizo de estimulación terapéutica

22 Novembro 2022

O Concello de Boiro colabora coa Asociación Agadea para levar a cabo no municipio un novo servizo de estimulación terapéutica. Toda a información sobre os servizos e inscricións no departamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro ou en Agadea.
A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer vai levar a cabo en Boiro un servizo de terapias dirixido a persoas maiores con deterioro cognitivo e persoas con demencias neurodexenerativas como o Alzheimer, frontoemportal, corpos de Lewy… “Unha actividade mais
para os boirenses e especialmente para os nosos maiores, aos que temos que coidar e darlles o mellor”, sinalou o alcalde, José Ramón Romero.
O obxectivo destas actividades é retardar o deterioro da enfermidade; traballar a memoria, a orientación, a linguaxe, o cálculo…; ou mellorar a calidade de vida e as relacións interpersoais. “Ampliamos a rede de recursos e damos unha maior oportunidade aos nosos maiores de manter un ocio activo e manter activa a súa mente. Ao tempo que ofrecemos un servizo de conciliación para as familias”, sinalou o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus.
As actividades vanse levar a cabo no Centro Social de Abanqueiro os luns, mércores e venres en horario de 15.30 a 18.30 horas. Máis información no departamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro ou en Agadea, no teléfono 672 705 053 ou no enderezo electrónico cdiaribeira@xunta.gal.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...