Aberto o prazo do concurso de ideas da Pobra para a escultura de homenaxe ás vítimas da violencia machista

15 Novembro 2022

O Concello da Pobra convocou un concurso de ideas para dar forma a unha escultura de homenaxe ás vítimas da violencia machista. Fíxoo no marco das actividades programadas para conmemorar este 25 de novembro. O espazo que se baralla é a contorna do paseo dos Areos, “se ben tamén pode variar en función das características e contexto do monumento”, sinalaron fontes do Concello, engadindo que a técnica e a concepción escultórica son de libre elección, “considerando a viabilidade da reprodución tridimensional da proposta no material definitivo”. No que respecta á temática, deberanse representar conceptos relacionados coa finalidade do proxecto. Ó certame poderá concorrer calquera persoa maior de 18 anos que cumpra cos requisitos indicados nas bases. Entregarase un máximo de dúas obras por autor/a que deberán ser orixinais, inéditas e de creación propia.

Dos traballos presentados, o xurado elixirá a obra gañadora, que terá como premio unha dotación económica de 3 000 euros, a entrega dun diploma e a adxudicación da realización da escultura por un importe máximo de 9 000 euros. A segunda mellor valorada será galardoada cun accésit.

O prazo para a recepción de propostas abriu este 15 de novembro e será de 30 días naturais contando dende o día o seguinte á devandita data (a da publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, BOP). A entrega do material xunto coa documentación requirida efectuarase no rexistro xeral, por correo ou en calquera das formas determinadas no procedemento administrativo común das administracións públicas. As persoas interesadas deberán achegar tamén unha copia da solicitude de participación a través do enderezo electrónico igualdade@poapobra.gal.

As bases completas estarán ó dispor na páxina web www.apobra.gal e no propio BOP do día 15. Para a resolución de dúbidas habilítase o teléfono de contacto 981832764, marcando a opción 6, ou a referida vía electrónica.

Outros artigos

A Pobra, epicentro nacional do remo co Campionato de España de Bateis

"Hai unha semana dicíamos que A Pobra se erixía como capital galega do remo; hoxe podemos dicir que de España." Con estas palabras comezou o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, na presentación do LXXXI Campionato de España de Bateis que terá lugar no 27 e 28 de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...