Abertas as inscricións para a carreira popular en memoria de Pepe Buceta que o Concello de Boiro organiza o 4 de decembro

16 Novembro 2022

O Concello de Boiro, a través da área de Deportes, organiza unha nova edición da Carreira Popular Mar de Boiro. 15º Memorial Pepe Buceta. Será o vindeiro domingo 4 de decembro. As inscricións están xa abertas na web de Emesports e toda a información sobre a proba na web municipal.

A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e consta de tres categorías distintas. As carreiras Mini e Supermini de 200 metros engloba idades ata os 7 anos e sairá ás 10.40 horas da rúa peonil; a carreira curta de 2.500 metros para escolares sairá ás 11.05 horas da rúa Principal e a carreira longa, de 10.000 metros para as categorías xerais que sairá ás 11.00 horas tamén da rúa Principal.

O percorrido da carreira será pola rúa Principal e transcorrerá pola avenida de Compostela en dirección praia Xardín, percorrerá o paseo marítimo de Barraña ata o Saltiño e chegará ata Mañóns para regresar a Boiro, onde estará instalada a liña de meta na rúa Peonil.

Os trofeos premiarán aos tres primeiros clasificados de cada categoría e aos tres gañadores absolutos, tanto masculino como feminino, e tamén aos tes primeiros corredores e tres primeiras corredoras de Boiro; ao participante de maior idade e a clasificación de Sapatilla Inclusiva para persoas con discapacidade.

As inscricións están abertas ata o xoves día 1 de decembro ata as 23.59 horas na web de Emesports.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...