A rapazada de Ribeira mergullouse na vida de Rof Codina cunha sesión de contacontos

O Centro Cultural Lustres Rivas celebrou este sábado dentro do Mes da Ciencia nas Bibliotecas unha actividade lúdica na que o elenco de Polo Correo do Vento recreou a biografía do científico Rof Codina a través do espectáculo ilustrado Rof o veterinario.

Os pequenas e pequenas asistentes debuxaron ademais unhas divertidas caricaturas e cantaron e bailaron con Antón Ke e o seu uquelele.

Para rematar, fixeron un traballo colectivo coloreando os debuxos elaborados ao longo da sesión.